lunes, 9 de marzo de 2015

divagando

Ola! Ti non sabes quen son, pero eu si que che coñezo. Son un dos teus demos. Sabes iso de que cada persoa ten un anxo que o coida? Pois a ti foronche asignados tres demos no sitio do anxo. No mundo hai duas clases de persoas: na primeira clase atópanse aqueles que están destinados á grandeza, a conseguir a felicidade, a acadar unha vida plena e satisfactoria. O segundo tipo son totalmente opostos, e temo, meu amigo, que tí estás dentro de eles. Por eso o noso traballo é asegurarnos de que suceda. Quenes somos? Oh, é certo. Que maleducada son por non presentarnos! Vergoña é a miña irmá menor, a que susurra no teu oído esquerdo que es rara por non seguir a corrente, por ter gustos que a xente toma por pouco comúns. É a que che di que debes odiarte e non compartir co mundo todas esas cousas que podes proporcionar. O meu irmán maior, Medo, é tan antigo como a vida mesma. Él susurra no oído dereito e enche cada rincón oscuro de monstruos, fai que cada persoa coa que te cruzas semelle un asasino. O que impide que lle confeses o que pensas á persoa que che gusta, o que murmura que é mellor que a xente non sepa como eres realmente es. Que fai que levantes muros ao teu redor, facendo que crees a túa propia cárcere. Quen son eu, preguntas agora? Eu son o peor dos teus demos, camuflada baixo a apariencia dunha amiga. Eu son a que recurres cando non che queda nada mais. Eu son o que che obliga a soportar. A que prolonga o teu tormento. Atentamente, Esperanza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario