martes, 24 de marzo de 2015

24 de marzo.

24 de marzo do ano 2006. Un día que sei con certeza total que, ao igual que toda unha familia, non vou a poder esquecer endexamais. Podería escribir mil cousas diferentes na procura dunhas verbas coas que lograr describir o vacio que deixaches nos nosos corazóns, mais sería en balde. Non atoparei nunca nada co que poder plasmar este sentimento que levamos dentro. Recordo ben ese día, un día coma outro calquera, ou eso similaba. Despois de cear, estabas na túa tumbona, ao lado da cociña de ferro (como tantas outras veces), levantacheste, dichesnos un bico e subiches para a cama despois de dicirme que avisase a mamá pra que che subise unha bolsa con auga quentiña nun rato. E así o fixen. A partir dese momento, os recordos convertense nunha morea de intrincadas lembranzas. Mamá subiu, e ao momento estaba abaixo outra vez, moi asustada. Camen estaba a darlle o peito a Érika (que estaba a piques de facer dous mesiños), deixouna nos meus brazos e subiu tras mamá. Lembro o medo que tiña, un medo que non se similaba pra nada a ningún dos meus medos anteriores, que se intalara no meu pequeno e infantil corazón. Acaricieille a cariña á pequena, mentres que a acunaba e lle repetía "xa verás como todo vai a sair ben, non é nada" e cantaba unha nana, a sua nana. Ilusa de min, que na miña pequena e tola cabeciña cría que o mundo me ia a sorrir. Ao cabo dun rato (non sabía precisar canto) volveron a baixar. "Mari, se acaba de morir abuelita". Non hai unha sensación coa que poñerlle nome ao que sentin nese momento, un arrepío que sacudiu toda a miña columna, un frío que me chegou ao mais profundo, unha pena que, nove anos despois, sigue presente na miña alma. Os recordos de esa misma noite camiñan ao meu carón ainda agora. Esa noite non durmin na casa. Mellor dito, esa noite non durmín. Abrazada ao meu boneco de sempre, aquel que me acompañara nos meus peores pesadelos, enfronteime ao que sempre fora o maior dos meus temores: a perda dos meus. Foi, como xa dixen, un gran mazazo pra todos. Eras unha muller forte, un modelo a seguir, un exemplo para os que medramos ao teu carón. Nai, irmán, filla, abuela, tía... De todas as formas, faciaste querer, cun amor que ainda a día de hoxe perdura nos nosos corazóns. Sintome moi orgullosa de poder dicir que herdei o teu carácter, forte, cheo de vitalidade e de fiereza. Os meses posteriores á túa morte foron unha verdadeira tortura. Buscabache a cada paso que daba, baixo o pensamento de que ti eras inmortal, posto que cada pequeno detalle me recordaba a ti. Agora sei que ti nunca chegaches a deixarnos, a deixarme de todo. A túa presencia, o teu espíritu, vai camiñando xunto a min, mitigando na medida do posible os meus padecementos. A partir de agora, escribirei unha carta cada ano, contandoche como nos van indo as cousas. Érika está enorme, en xuño fai a comunión. Coma ben amosaba de pequena, é moi espelida, adora bailar, os animales... Unha Carpulla feita e dereita. Tes dous bisnetos mais. O primeiro naceu ao ano seguinte da túa morte, un homiño chamado Martín, moi payasete, e que debece pola sua prima maior, fillo de Xola. Despois naceu Lariña, Charambeca de imaxe e Carpulla de carácter, digna filla de sua nai, Nati. Tamén está Miguel, fillo de Jessy; comerialo a bicos se o chegas a coñecer. Agora estamos esperando impacientes polo pequerrechiño, Marco, irmán de Érika. Ao resto a vida vainos levando paseniñamente, con momentos mellores ou peores, pero imos indo. Crealo ou non, seguimos a votarche de menos cada día. Tampouco esquecín as tuas historias, teñoas gardadas a bó recaudo na caixa forte da miña memoria, listas pra pasalas a papel, á vez que escribo un pequeno relato sobre a túa vida. Algún día, o meu pelo será como era o teu, e lucirei a sua brancura co mesmo orgullo que ti o lucias. Algún día, eu tamén terei netos e netas, que se sentarán ao meu redor a escoitar as historias, coma nos fixemos contigo, sobre meigas, trasgos, a Santa Compaña... Ensinareilles a apreciar os pequenos detalles da vida, a ser respetuosos, a admirar as estrelas, a amar á nai natureza e ás suas creacions, tal e como ti nos amosaches. E sei que tí sempre estarás conmigo pra axudarme a facelo. Querote.

No hay comentarios:

Publicar un comentario